A VERDADEIRA HISTORIA DE ROBINSON CRUSOE E VENRES

VÍDEO TEASER/

FICHA ARTÍSTICA /

 

DIRECCIÓN: Evaristo Calvo

CREACIÓN: Evaristo Calvo, Fran Ameixeiras e Fran Campos

INTERPRETACIÓN: Fran Ameixeiras e Fran Campos

ESCENOGRAFÍA, VESTIARIO E PRODUCIÓN: B. A.

Baseándonos na coñecida historia de Robinson Crusoe e o seu naufraxio, e posterior vida nunha illa deserta, esta delirante e tola comedia daranos a coñecer máis a fondo o día a día do noso protagonista xunto co seu servinte e tamén compañeiro e amigo, Venres. A través das actividades cotiás e diarias, Robinson tentará “colonizar” dende o seu mundo civilizado ao seu salvaxe e ignorante compañeiro Venres. Unha mostra máis do primeiro mundo por facerse dono de todo e de todos.

 

 

Durante o espectáculo, Robinson Crusoe e Venres camiñarán ata a praia a través da frondosa illa vixiando sempre á fauna selvática que os rodea. Un paseo que ao pouco de comezar convertirase nunha suma de anécdotas ata voltar á casa, onde a fame terá que agardar ata poñer a mesa, os pratos, os cubertos…