PLAY. 
A VERDADEIRA HISTORIA DE MAESTRO E PUPILO

FICHA ARTÍSTICA /


AUTORES: Fran Ameixeiras e Fran Campos

ELENCO: Fran Ameixeiras e Fran Campos

ESPAZO ESCÉNICO / IMAXE GRÁFICA: Fran Ameixeiras

DIRECIÓN MUSICAL: Fran Campos

COREOGRAFÍAS: Lara Balirac

CONSTRUCIÓN MARIONETA: Borja Ínsua

VESTIARIO: B. A. 

FOTOGRAFÍA: ene-A Fotógrafos

DIRECCIÓN: Evaristo Calvo

Música en directo, bailes, hipnotismo, circo de pulgas, iso e moito máis é PLAY.

Protagonizado por dous personaxes completamente tolos. 

Por un lado Franchesco Napolitana di Crema, il Maestro como a el lle gusta que lle chamen, un fala barato que sabe facer moi poucas cousas, e que por non ser nin sequera é italiano. 

Por otro banda Pupilo, o seu axudante, gran admirador do Maestro, a quen segue cunha fe absolutamente miope.

E entre estes dous creadores de desastres aparece un terceiro personaxe, a conciencia de Pupilo, en forma de marioneta e que é o único que pon un poco de sentido común neste despropósito.