FILIPA COS CONTOS

FICHA ARTÍSTICA /

 

CREACIÓN / DRAMATURXIA / MÚSICA: Fran Campos

ELENCO: Fran Campos

VESTIARIO E PRODUCIÓN: B. A.

DIRECIÓN: B. A.

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e  humor repártense entre os dous contadores que se suben 
a escea: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, quen lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa exepriencia. O repertorio de contos para este ano 2017 conta ademáis con algún 
dos contos infantís do escritor homenaxeado no «Día das Letras Galegas»: Carlos Casares. A galiña azul ou as historias do neno inventor 
Toribio inclúense nesta sesión. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas 
cancións. Historias non só do noso entorno máis cercano, senón tamén doutras terras. 
Contos "filipantes", contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cada un ó seu xeito farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto cativos como maiores poderán desfrutar, aprender, reflexionar…  dende as súas distintas visións dos contos populares.