A COMPAÑÍA

A RISA É AQUELO QUE PASA CANDO CHE FAN CÓXEGAS, O RESTO É PURO TEATRO

[Ezequiel Haitawer,

mestre de pallasos e anacoreta]

BANDULLO AZUL

​Somos unha compañía pero non desas de petroleo, que destroza a natureza. Somos doutro tipo, desas que destroza
o teatro, clown?

 

Lecoq, Grotowsky, Barba, Boal… son grandes persoas.

 

Existimos desde o ano 2012 cando, Fran Ameixeiras e Fran Campos, despois de compartir unha infusión decidimos darnos un abrazo. Ese momento místico estendeuse e levounos a procura dunha estética e unha poética pallasa propia, que 2336 infusións despois aínda non encontramos.

 

​Alén diso, a nosa verdadeira razón de existir, o que pretendemos, o camiño que nos interesa como compañía é a RISA. E non pararemos de facer espectáculos ata que o consigamos. 

 

O noso nome debémosllo ao mundialmente coñecido títere galego BARRIGA VERDE.

 

Se ves pasar un ZX verde pola túa parroquia andate ao lorito porque podemos ser os Bandullo Azul. E se chegastes ata aquí abaixo lendo todo o que escribimos sobre nós, temos que dicir que nos deixastes flipados :-D .